ARTESAN vidreiras artísticas, é un taller cunha amplia tradición artesanal e familiar de deseño, fabricación e restauración de vidreiras artísticas, que sae á luz en Santiago a comezos da década dos 80.
No noso obradoiro síguese utilizando o mesmo proceso, técnicas e ferramentas que usaban os mestres vidreiros de antaño e ó mesmo tempo tratando de coidar ó máximo os acabados para asegurar unha calidade do máis alto nivel.

As nosas obras están colocadas e distribuidas por todo o territorio galego en vivendas particulares así como centros oficiais, diferentes concellos, bancos, hoteis, igrexas, cafeterías, restaurantes ...
Tamén a nosa asistencia a diferentes feiras de exposición como “Expobarbanza” ou “Fexdega” entre outras foi notoria nestes últimos anos.

A nosa empresa posúe a Carta de Artesán e ó mesmo tempo o obradoiro ten a cualificación de Taller Artesanal estando inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia de Taller Artesanal.